Neste 2020 tan peculiar, Martín Mantilla iniciou un novo proxecto: o restaurante BERSO Tradicionalmente Moderno, situado en Sober. Na actualidade, cando son moitos os que apostan por negocios gastronómicos máis próximos ao concepto bistró, comida de autor ou comida informal, BERSO xoga cos seus culleróns e perolas a unha gastronomía tradicional, cun ambiente tradicionalmente moderno e á súa vez tradicionalmente caseiro.
En BERSO, prima o produto de tempada, de Km 0, de proximidade e da súa propia horta situada na finca do restaurante, finca que está certificada polo Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) e da cal se abastece de produto de primeira calidade para as súas elaboracións. BERSO busca facer unha pequena homenaxe ás nosas avoas, lembrar a súa cociña e manter a tradición, dándolle o seu toque persoal e máis actual. Esta é a proposta do restaurante BERSO, en Sober.
Martín Mantilla Rodríguez (Monforte de Lemos, 1978), conta con máis de 20 anos de experiencia dedicados á cociña e a impartir formación nese ámbito. Formouse no Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía da Escola Fundación Belarmino Fernández Iglesias e como Técnico Superior en Xestión e Dirección de Cociña no ISFP Vesta, na Rexión de Murcia. Desenvolveu a súa carreira como chef en restaurantes de Galicia e das Illas Canarias. Actualmente, segue formándose e reciclándose no apaixonante mundo da gastronomía para estar sempre á vangarda dos últimos coñecementos. Á súa vez, está a realizar un máster de formación Pedagóxica e Didáctica para profesores técnicos de FP na Universidade Politécnica de Cartaxena e segue impartindo cursos de formación para a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo entre outras entidades.
Instagram: @martinmanti |
DATOS DE CONTACTO:
BERSO, Tradicionalmente Moderno
Calle Progreso, 12, Sober, 27460 Lugo
Teléfono: 982 25 78 16
Web: www.berso.es
Instagram: www.instagram.com/berso_restaurante
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com