Inaugurada o 19 de setembro de 2012, nace coa ilusión e sempre ganas de innovar a terceira Bodeguilla de Santiago, xunto coa Bodeguilla de San Roque e Bodeguilla de San Lázaro.
A Bodeguilla de Santa Marta, situada na Avenida da Liberdade, no barrio de Santa Marta preto do Hospital Clínico e camiño do Milladoiro, ten similares características ás dúas bodeguillas anteriores, pero cun punto de personalidade propia que se reflicte na decoración minimalista e elegante.
Destacan a moi variada carta de viños e a calidade dos produtos que tan ben definen ás Bodeguillas. Sen dúbida, das mellores opcións para pasar unha velada máis que agradable entre amigos, parella ou familia.
Diego García Pereira, responsable de cociña |
Pablo, Lidia, Xurxo, Iván, Sonia, Pepe, Vanesa e Diego. |
Queres reservar mesa na Bodeguilla de Santa Marta?
Dirección: Avda. da Liberdade, 11
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 813 520
Instagram: @labodeguillascq
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com