A Nave de  Vidán é un proxecto cultural e gastronómico para Compostela e a súa comarca. Dende Xuño do 2018, forma parte da rede de restaurantes Km 0 Slow Food en Galicia e en España, sendo o primeiro en acadar dita distinción na cidade de Santiago.


Unha oferta culinaria baseada nos produtos do país coas receitas tradicionais actualizadas, son a base desta nova proposta de restauración. A Nave de Vidán combina o mellor da gastronomía galega coa posta en escena de espectáculos musicais, culturais ou de lecer.


Como complemento ao Bar-Café e ao Restaurante, aparece unha sala que pretende funcionar como un espazo de usos  multiples que poda recoller as máis variadas propostas. Desde a música en vivo ata o teatro ou proxeccións de cinema. Un espazo limpo e  diáfano que tamén se poderá usar de maneira combinada co restaurante ou coa cociña, tanto para banquetes como para reunións, xornadas, conferencias ou presentacións.


A Nave de  Vidán conta tamén cunha ampla carta de viños e con diferentes opcións de menú do día ou de menús concertados para grupos.

Podes consultar o menú do día en www.anavedevidan.com

Manuel Domínguez Canosa, nado en Mazaricos, é o seu actual responsable de cociña. Mudouse a Santiago con 17 anos para estudar e logo xa se quedou por cuestións de traballo. Decidiu ser cociñeiro porque desde pequeno era algo que lle gustaba facer na súa casa e por iso tíñao moi claro. O que máis lle gusta é a cociña tradicional galega. Nun futuro gustaríalle, ademais de seguir aprendendo, poder axudar na formacion de novos cociñeiros ensinándolle a cociña de toda a vida para que non se perda a nosa maneira de cociñar. 

 Instagram: @manu_dguez_


DATOS DE CONTACTO:
Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 522 110
E-mail: info@anavedevidan.com
 Instagram: @anavedevidan